#imosadakar
O máis novo:
¡Clasificado para el Dakar 2025! | Tengo dorsal: ¡Con el #138 al Dakar!
TODO COMEZA CUN SOÑO
Nacín en Sabadell (Barcelona), onde vivín ata que en 2013 mudeime á Coruña. Hoxe en día Oleiros acólleme como a un galego máis.
Afeccionado ás motos desde moza, comezo a traballar para comprar a miña primeira moto aos 16 anos. Desde entón as motos acompañáronme sempre, xa sexa como máquina de lecer ou como medio de transporte. De neno, alucinaba xunto ao meu pai vendo na tele a aqueles heroes con casco que corrían o Dakar.
Introdúzome no off-road a lombos dunha pesada Maxi-Trail e desde entón non saín do barro, o po e as pedras. Comezo a navegar roadbooks en encontros mototuristas e pronto me engancho ao Rally-Raid, cambiando a miña moto Trail por unha máis lixeira para comezar a afrontar Rallys competitivos.
Nas probas da liga Galega de Moto de Campo, contacto co universo Dakar. Na miña cabeza acéndese entón unha faísca que non puiden apagar e que non apagarei ata cruzar a meta do Dakar. En 2022 tomo a tola decisión: isto vai en serio… #eusereioprimeiro
Seguramente non o primeiro en cruzar a liña de meta, pero si o primeiro en facelo de forma sostible e solidaria.
TRAXECTORIA
2024
Abu Dhabi Desert Challenge (mundial w2rc)
Posición 24 Rally2
2023
Campionato Galego de Raids
1º Raid Xunqueira de Espadañedo
3º Raid Manzaneda
Adventure Galicia Rally (cto Europa FIM)
2022
Rallye du Maroc (copa del mundo Rally TT FIM)
Hellas Rally Raid (cto Europa FIM, Grecia)
Campión Galego de Raids Adventure Galicia
1º Raid O Val Narón
1º Raid Manzaneda
2º Raid A Estrada
3º Raid Xunqueira de Espadañedo
2021
Dinaric Rally (Croacia) 2º categoría M4
Liga Galega Raids (LGMC) 4º (Top 5 en todas as probas)
o meu granito de area
para un dakar sostible
Expor unha aventura desta envergadura é un enorme privilexio. Por iso síntome obrigado a achegar a miña semente para facer do mundo un lugar mellor. Quero que o meu Dakar sexa medioambientalmente sostible e para iso propóñome eliminar a miña pegada de carbono plantando árbores como medida de absorción.
Conto contigo para facelo posible.
#dakarsostible
ESTE DAKAR SOLIDARIO
VAI SOBRE RODAS
No meu empeño por aproveitar o Dakar para facer do mundo un lugar mellor, colaboro coa fundación ENKI: únenos a paixón polo deporte e pola vida. Pola alegría de vivir rodeado de amigos, de retos e… de rodas!
Por iso, cando apoias o meu proxecto, estás a facer unha achega para a compra de material deportivo adaptado que facilita o acceso, iniciación e practica deportiva das persoas con diversidade funcional.
#dakarsolidario
O CLUB QUE ME APOIA
ÁRTABROS RALLY é un club deportivo motociclista fundado en Oleiros, A Coruña, con vocación de axudar a deportistas locais a chegar a grandes probas internacionais, como o Rally Dakar, e de promover unha práctica responsable e sostible do deporte e do motociclismo off-road en particular.
O deporte debe axudar a construír un mundo mellor, máis sostible, máis inclusivo e máis xusto. Ártabros Rally pretende influenciar nese sentido a través da práctica responsable e a cultura do deporte como forma saudable e integradora de vida.

























